Aquí vai o texto

Ola nenos e nenas de sexto de primaria, como temos que continuar na casa algún tempo máis creamos este blog para poder poñer recursos de traballo e todas as cousiñas que nos enviades.
Moitos bicos para tod@s e para as vosas familias.

martes, 28 de abril de 2020

ANUNCIOS

 "OS MAIOS"                                                                                 

Lembrade que hai que facer as coplas para O MAIO . Aquí tedes o comezo           


Seguindo o mesmo costume
destes anos que pasaron,
aquí estamos os de sexto
para cantarlles os maios.

Este ano ían ser
unhas boas olimpiadas,
pero ao pasar o entroido
nos mandaron para casa.

Ao principio, nós pensamos
que os profes tolearan
foi un virus o que fixo
que este curso se acabara.

Agora facemos coplas,
para cantarlle o maio,
así a final de curso
xa nos dán un aprobado.

Antes no cole os profes,
eran os que máis mandaban
pero chegounos un virus
e os mandaron para casa.

Pensamos que pararían
De mandarnos estudar
Pero saben de internet,
E aínda nos torturan máis...

Continuarán os maios colectivos.....



Hola chic@s, aquí os dejamos el enlace de una peli muy chula para que paseis un rato agradable con vuestras familias Zootrópolis es una ciudad muy especial porque en ella solo viven animales. El zorro NICK ayudará a la primera coneja policía JUDY a resolver un caso  porque todos los animales se están volviendo salvajes. Esperamos que os guste y os divirtáis con los animalillos...

¡¡¡Un abrazo para tod@s!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario