Aquí vai o texto

Ola nenos e nenas de sexto de primaria, como temos que continuar na casa algún tempo máis creamos este blog para poder poñer recursos de traballo e todas as cousiñas que nos enviades.
Moitos bicos para tod@s e para as vosas familias.

martes, 28 de abril de 2020

ANUNCIOS

 "OS MAIOS"                                                                                 

Lembrade que hai que facer as coplas para O MAIO . Aquí tedes o comezo           


Seguindo o mesmo costume
destes anos que pasaron,
aquí estamos os de sexto
para cantarlles os maios.

Este ano ían ser
unhas boas olimpiadas,
pero ao pasar o entroido
nos mandaron para casa.

Ao principio, nós pensamos
que os profes tolearan
foi un virus o que fixo
que este curso se acabara.

Agora facemos coplas,
para cantarlle o maio,
así a final de curso
xa nos dán un aprobado.

Antes no cole os profes,
eran os que máis mandaban
pero chegounos un virus
e os mandaron para casa.

Pensamos que pararían
De mandarnos estudar
Pero saben de internet,
E aínda nos torturan máis...

Continuarán os maios colectivos.....



Hola chic@s, aquí os dejamos el enlace de una peli muy chula para que paseis un rato agradable con vuestras familias Zootrópolis es una ciudad muy especial porque en ella solo viven animales. El zorro NICK ayudará a la primera coneja policía JUDY a resolver un caso  porque todos los animales se están volviendo salvajes. Esperamos que os guste y os divirtáis con los animalillos...

¡¡¡Un abrazo para tod@s!!


sábado, 18 de abril de 2020

LUGO, Curso 2018/2019 en 5º de primaria!!!!!

Ainda ca foto é do curso pasado, lembramos o ben co pasamos na visita a Lugo, preciosa a súa MURALLA. Pasade un bó finde chic@s.


Botámosvos moitísimo de menos..., todo sairá ben 😄💚

OCEANOGRAFIC DE VALENCIA

Ola outra vez nenos e nenas de 6º, como é sábado e hoxe non facedes tarefas, deixámosvos o enlace para viaxar ata o OCEANOGRAFIC de Valencia, moitos bicos a tod@s, esperemos vos guste.



Click aquí para visitalo

jueves, 16 de abril de 2020

Película "Del Revés"

Hola chic@s, aquí os dejamos la película de Disney "Del Revés" para que os entretengáis un ratito. Nos gustaría que saquéis vuestras propias conclusiones sobre los valores que intenta transmitir la película.



¡Un beso enorme para tod@s!


lunes, 13 de abril de 2020

Visitamos o museo Anfaco

Ola, aí vos deixamos as fotos da visita que fixemos este curso ao museo Anfaco de conservas, situado no CUVI (Campus Universitario de Vigo). Esperamos que vos guste.